Skip to main content
+100 organizacións utilizan Mastodon para a súa comunicación pública

Servizo Mastodon con xestión completa

O teu propio servidor Mastodon aloxado polo equipo que o creou

Contacto comercial

Servizo con xestión Todo Incluído

A medida das grandes organizacións

Xestionamos todos os aspectos, desde a infraestrutura ata seguridade, copias de apoio, actualizacións, moderación, accións legais.

Perfecto para organizacións que queren un acceso rápido ao seu propio servidor Mastodon con garantías de servizo e baixo investimento en recursos.

Incluíndo Aloxamento, Moderación e Axuda

Contacto comercial

Servizo Individual

Deseñado para organizacións que queren manter o control

Ti tes o control. Decides que servizos desexas, como os queres xestionar e cando queres que Mastodon che axude.

Ideal para organizacións que xa teñen recursos propios ou queren construír unha infraestrutura interna.

Elixe entre un ou varios servizos de Aloxamento, Moderación ou Axuda

Contacto comercial

Organizacións e institucións líderes confían en Mastodon para xestionar o seus servizos

European Commission

A Comisión Europa ten un servidor oficial Mastodon para a relación cun público de amplo espectro no Fediverso, apoiando plataformas de código aberto europeas, e proporcionando unha canle para as comunicacións oficiais con énfase na privacidade.

Schleswig-Holstein

Para reforzar os seus servizos públicos dixitais e a colaboración local, o estado alemán de Schleswig-Holstein creou social.schleswig-holstein.de ― un servidor oficial Mastodon aberto ás administracións do estado, a empresas do sector público e organizacións sen ánimo de lucro da rexión.

AltStore

AltStore é o fogar das aplicacións para estender as posibilidades de iOS sen precisar liberar o teu dispositivo. Axiña estará dispoñible un anuncio por parte de AltStore con máis detalles sobre a nosa relación.

O teu dominio. A túa xente. A vosa palabra. Para unha rede social resistente.

A túa identidade en Todas as Usuarias do servizo

Todas as contas están baixo o teu propio dominio (exemplo: @nome@atuamarca.social). Persoal, persoas socias ou cidadáns serán recoñecibles ao momento e ser vistas en todo o Fediverso, reforzando a identidade da organización con cada interacción.

Localización dos Datos e Legalidade

Decide onde queres que se aloxe o teu servidor, na UE, ou noutra xurisdición dispoñible - para obter soberanía, cumprir o RXPD ou outros regulamentos internos sen comprometerte.

Retoma o control do teu alcance e audiencia

Define as túas propias regras e o nivel de moderación, sen terceiras partes ou algoritmos alleos. Ti decides como se xestiona a conversa e como se comparten as mensaxes.

Como funciona

1

Selecciona o teu nome de dominio

Usa o dominio da túa organización para os nomes das contas (exemplo, @nome@cidade.gal). Así farás que sexa recoñecible en todo o Fediverso e crea confianza, como acontece cos correos electrónicos personalizados.

2

Un espazo á medida da túa Comunidade

Elixe o deseño, aparencia e regras que mellor se axusten á identidade da túa organización. Podes engadir unha descrición, definir elementos coa túa marca así como as regras personalizadas relevantes para o servidor.

3

Convidar e Crear o Equipo

O último paso é convidar ás persoas, asignar roles se fose preciso, e deixar que os membros da comunidade configuren os seus perfís. Xa está todo listo para publicar, seguir e relacionarse con todo o Fediverso.